Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cartelle
Parroquia: As Marabillas (Nosa Señora das Marabillas)
Lugar: As Marabillas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Sinxela igrexa de estilo barroco. Construída en cantaría de granito, na fachada principal apenas ten decoración a non ser unhas pilastras acaroadas e un frontón situado sobre a porta no que se encontra a imaxe da Virxe das Marabillas dentro dunha fornela. Dentro da sinxeleza que a caracteriza e que se pon de manifesto tamén no interior no que se pode destacar o retablo maior no que se encontra a imaxe da Virxe vestida como unha dama. A fachada está coroada por unha grande e airosa torre de dous corpos na que se sitúa o campanario e pináculos laterais. Na torre gran balconada de ferro, no primeiro dos tramos, no que ten as campás, no segundo tambor e cupulín coroado por cruz de ferro. A planta é de cruz latina e presenta un cimborrio con unha lanterna sobre o cruceiro.

O santuario actual data do século XIX e nas proximidades tense atopado restos arqueolóxicos que poderían ser un posible campamento romano.

Constrúese a primeira ermida entre os años 1646 e 1651. A actual comezase a construír en 1813. Esta construción e semellante a do San Bieito en Allariz.

A romaría que se celebra data de 1646 e trátase de un dos principais actos marianos da provincia de Ourense. Nas inmediacións encontrase unha cruz ata onde chega a procesión con a imaxe da Virxe.

Fotos: Francisco Vázquez


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

A advocación puido xurdir da lenda que di que a unha moza que estaba gardando as vacas, aparecéuselle unha Señora que lle deu una carta para o cura do pobo inmediato. A nena contestoulle que non podía abandonar o gando, e ela fíxose cargo. Levou a carta e volveu co cura. A Señora aparecida dixo: “Soy María, Maravilla del Universo, es voluntad de mi Divino Hijo y mía, se construya en este lugar un templo consagrado a mi memoria bajo el título de Virgen de las Maravillas”


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/OURPA003.pdf (p. 2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.21690954544181
Lonxitude: -7.9474979639053345
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84