
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Coruxo (San Salvador)
Lugar: Tarrío
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O cruceiro de Tarrío consta dunha plataforma cadrada de tres gradas biseladas. A súa base tamén é cadrada e biselada.
Posúe unha columna que comeza en sección cadrada e acaba en octogonal. Na súa metade atópase unha figura moi desgastada, que podería tratarse da Madalena debido a súa posición mirando cara a Cristo.
O capitel está decorado con volutas. A cruz é de tipo cuadrangular e presenta no seu anverso a escea de Cristo crucificado, con tres cravos, pernas flexionadas, mostrando una clara expresión de dolor. No seu reverso aparece unha Piedade, cun querubín na súa parte inferior.
Diante deste cruceiro xuntábanse o día de San Lourenzo as procesións que viñan da capela adicada a este santo e da Igrexa parroquial; logo separábanse tras bailar e cantar diante del. Hoxe esta cerimonia xa non se realiza debido ao intenso tráfico do lugar.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PÁXINA WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha EX.10.004 – páxina 89)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360570901.html
http://vigoetnografico.blogspot.com.es/2007/08/cruceros-de-taberna-y-tarrio-en-coruxo.html
BIBLIOGRAFÍA
RODRÍGUEZ PUENTES, Eugenio e ABAD GALLEGO, Juan Carlos. (1990). Cruceiros, cruces e petos de ánimas no Concello de Vigo. Colección Datos. Datos/2. Concellería de Cultura. Concello de Vigo.
PRADO GONZÁLEZ. Manuel Gonzalo (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Ed: Diputación de Pontevedra.
VÁZQUEZ GIL, Lalo (2004). Bouzas. Memoria y recuerdo. Concello de Vigo.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1925289788Lonxitude: -8.77394959331
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




