
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Vigo
Parroquia: Teis (San Salvador)
Lugar: Riouxa, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro de Sino, cunha superficie útil de habitación de 3’58 hectáreas e de 160 x 120 metros, seguramente tiña planta con forma elíptica.
Debido a súa orografía, case todo o seu perímetro conta con pronunciados terrapléns, aínda que é a parte do Leste a que presenta menor pendente. Polo Noroeste se poden observar restos de antigos muros e o que pode ser unha terraza de expansión. Ó sueste existe un concheiro no que se atoparon restos de moluscos e bivalvos, así como cerámica indíxena e romana, entre elas ánforas e tégulas. Na parte nordeste atopamos unha depresión orográfica que rodea a coroa a un nivel inferior, que pode ser os restos dun posible foxo.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://xosecounhago.com/?p=1472
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O conxunto atópase moi alterado debido a que a coroa do castro está ocupada polas instalacións dun Colexio Público.
Por outra banda, a construción do parque público da Riouxa tamén implicou a alteración do área de influencia do propio castro.
Por último, destacar a alteración do castro pola construción de vivendas na súa contorna.
Onde está localizado
Latitude: 42.25753945729125Lonxitude: -8.685035705566406
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84