Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Forcarei
Parroquia: Santa María de Aciveiro
Lugar: Aciveiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Pertencente á orden cisterciense, foi fundado no 1135 co patrocinio de Afonso VII. Conserva as dependencias levantadas do século XVI e a igrexa, de planta basilical, ten tres naves e tres ábsidas na cabeceira cun falso triforio. A Igrexa comunícase co antigo claustro e co edificio conventual. É considerado Monumento Histórico dende o 1931 e, na actualidade, considerado Ben de Interese Cultural. O mosteiro estaba entre o grupo de mosteiros economicamente modestos, xunto co de san Clodio, Xunqueira de Espadañedo ou Penamor. As extensas posesións do mosteiro incluían cotos, terras aforadas, encomendas, beneficios parroquiais, granxas, neveiras (establecéndose obrigas para xuntar a neve e carrexala ata as neveiras), gando, etc. O feito de que a maioría das posesións se atopaban na Terra de Montes, e de que estas se atopaban na xurisdición da Mitra Compostelá, propiciou que estes dereitos foran obxecto de moitos preitos cos arcebispos de Santiago.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: HosteleiroOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Rodríguez Fraiz, Antonio. O Mosteiro de Aciveiro. Terra de Montes. (2005). Diputación Provincial de Pontevedra. ISBN 84-8457-220-X .(1ºedición 1973)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6178545945
Lonxitude: -8.30111503601
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84