Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Soutomaior
Parroquia: Soutomaior (San Salvador)
Lugar: A Peneda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela barroca de planta rectangular con cuberta a dúas augas dunha nave dividida en dous tramos por un arco faixón de medio punto, con bóveda de canón e arco triunfal apuntado. Fachada inscrita nun pórtico con arco de medio punto de grandes dimensións. Sitúase sobre un antigo castro e sobre o Castelo de Castrizán, levantado en 1477.

A ermida ficaba nun terreo do común. O teito era orixinariamente de madeira, sendo substituído antes de 1843 por unha bóveda de pedra, e o chan non se baldosou ata 1825. Os retablos, feitos en 1747, foron renovados case por completo en 1878, obra do mestre redondelán Aquilino Fernández. En 1840 construírase o escano e muros de perpiaño que pechan o adro. e no 1848 o arco do pasadizo da banda norte.

Este santuario tiña un altar colateral dedicado a San Xoán Bautista.

A comezos do XIX tamén festexábase o luns de Pascua e o San Miguel de setembro. Na década de 1830 preparábanse ós veciños para gañar o xubileo “procíngula” do convento franciscano de Agrelo. Tamén, nos anos de calamidades, ofrecíanse misas de novenario pedindo ao Señor favorable tempo para a conservación dos froitos.
Os devotos daban esmolas de millo, viño, roupas e animais pequenos, e, aló menos dende 1828, tamén os hábitos mortuorios que portaban os rapaces que estiveran enfermos, e dende 1887 caixas fúnebres de párvulos. Algúns romeiros adoitaban pasar a noite nos arredores da ermida, polo que se acendía unha “luminaria” con piñas secas ou alquitrán, logo reemprazada por farois de gas.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A BRUXA DOS BOCADOS

Era costume que nos días en que se celebran festas na Peneda asistisen á misa solemne gran número de “danadas” ou enfermas afectadas polo “bocado”, doenza que non cabe dúbida que é o “meigallo” e que tal variante no nome obedece ó feito de que esta enfermidade entra a través da boca coa inxestión de mazas, doces, pan ou viño embadurnado ou mesturado con fluxo menstrual, nunha palabra embruxados. A ditas enfermas ó Santo, ou no momento de alzar se lle abría a boca e dicían ” que me aperta”e os que lle acompañaban replicábanlle “bótao fora; ¿quen cho deu?”, contestando aquelas ” non o podo dicir”. Outras veces a pregunta era a seguinte: “ladra, p…; ¿en que cho deron?”, ó que xeralmente respondían “foi nun anaco de bola que sabía ben”. Era corrente que non descubrisen quen lles tiña dado o “bocado” e un individuo que tiña reliquias da Santa envoltas nun pañuelo, que pasaba polo pescozo ás enfermas ó mesmo tempo que dicía “bótao fora” e o efecto consistía, segundo certas referencias, en que vomitaban pelos e agullas. Pero sucedeu un día de festa, no momento que lle preguntaban dentro da capela a unha “danada” “¿quen cho deu?” esta houbo de dicilo e entón unha bruxa que estaba nas inmediacións e fora a causante da enfermidade, tratou de impedilo pasándolle unha vela por diante da boca e dándose conta deste detalle, a xente que se atopaba ó seu redor arrastraron á bruxa polo pelos cara o atrio, e esta ía ” dando berros como unha raposa” e, unha vez en dito sitio, a rodearon e cubriron de leña, plantándolle fogo. Así, mentres uns aseguran morreu queimada, outro din o contrario, mesmamente a xente dicía ” non arde, botarlle máis leña” e que escena rematou escapando a bruxa monte abaixo a saltos como unha galiña e mirando cara atrás, co que conseguiu librarse das iras dos seus perseguidores.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
MIGUEL GONZÁLEZ, X.: “As vellas ermidas redondelanas. Unha aproximación histórica”
GARCÍA ROLLÁN, Mariano: “La Peneda del Viso”. Museo de Pontevdra, 1974.
SOTO LÓPEZ, Antonio: “As lendas mouras na bisbarra de Redondela”. GALLAECIA 9-10
LIS QUIBÉN, Victor: “Santuario de Nuestra Señora de la Peneda”.

ENLACES WEB:
http://www.pxomsoutomaior.com/documentacion/TOMOIV_CATALOGO%20DE%20BENS%20A%20PROTEXER_Vol2.pdf (Ficha S-4 / Páxinas 125 a 127)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/REDONDELA/documents/0906CA001.pdf (p. 2)
http://galiciaencantada.com/dentro.asp?c=5&id=1526&n=a_bruxa_do_monte_da_peneda
http://www.xoanarcodavella.com/2013/10/a-bruxa-da-peneda-lenda.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3268358191
Lonxitude: -8.59027594328
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84