Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Betanzos - Praza dos Irmáns García Naveira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Construción destacada dentro da arquitectura betanceira máis recente. O actual palco substituíu a outro anterior, modernista, construído ó redor de 1903 e que á súa vez substituíra a un pequeno quiosco datado en 1894. Todo isto relacionado coas múltiples actividades da vella Academia de Música, constituída no ano 1854.

O arquitecto Rafael González Villar foi o encargado de deseñar o novo palco. O resultado é unha obra cun estilo moi persoal feita entre o ano 1927 e 1928. O autor acouta un espazo aberto, cun podio de planta octogonal e cuberta circular, unidos por medio de esveltos piares de pouco grosor. O efecto decorativo dos distintos elementos, como a cuberta circular aplanada de zinc, o efecto do conxunto das lámpadas en distinta posición, as varandas graduadas con motivos xeométricos, e os remates superiores dos piares na cuberta, reflicten o estilo do autor.

A súa cor característica, reproducida tamén nas varandas e nos farois das inmediacións do Cantón e da Porta da Vila, deu lugar ao afamado cor “verde Betanzos”, un dos moitos e curiosos sinais desta cidade.
Na actualidade, o palco, que adoitaba ser utilizado pola banda municipal, perdeu a súa excelente acústica, debido ás reformas que substituíron a base de madeira por unha de formigón. Polo demais, consérvase na súa forma orixinal.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior», Vol.VII, Deputación Provincial da Coruña, 1997.

ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.27986103181454
Lonxitude: -8.210335671901702
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84