Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Soutomaior
Parroquia: Soutomaior (San Salvador)
Lugar: Alxán
Outra denominación do ben: Peto de ánimas de Alxán
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo cerrado en forma de capela con porta de ferro e coroado por pináculos. No seu interior atopamos un Cristo de grandes dimensións, policromado, que responde ao nome de Santo Cristo da agonía. Aparece enmarcado entre dúas columnas rematadas en pináculos. É de pedra policromada e o retablo das ánimas atópase por debaixo del, presidido por San Francisco quen tende as mans cara a dúas ánimas pecadoras. Aos lados dispóñense dous anxos dos que tan so se representan as alas e as cabezas.

Segundo conta unha persoa do lugar, antigamente os cadaleitos eran levados a ombros polo camiño vello ata este peto e logo volvían.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.pxomsoutomaior.com/documentacion/TOMOIV_CATALOGO%20DE%20BENS%20A%20PROTEXER_Vol2.pdf (Ficha S-31 / Páxinas 208 a 210)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3248230424
Lonxitude: -8.58380377293
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84