Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame
Parroquia: Lousame (San Xoán)
Lugar: Berrimes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Este cruceiro de capela de Berrimes pasa por ser uns dos de máis sona na cormarca de Noia. Foi nomeado por Carré Aldao na súa “Geografía del Reino de Galicia”, na que inclúe unha fotografía do cruceiro, aínda que Manuel Murguía xa o citara no ano 1888, segundo nos informa unha guía editada polo concello de Lousame no 1993 con textos de Xosé L. Laredo Verdejo. Clodio Gónzales no seu traballo dos cruceiros de capela do Concello de Brión, do ano 1995, afirma desta modalidade que: “ Por seren os máis antigos de todo cabe a posibilidade de que foran os primeiros en erguerse neste concello (falando de Brión), sendo posteriores a todos os de varal , que foron os únicos en ser labrados a partir do século XVIII”…”O único que quizá sexa máis antigo é o de Berrimes, que algún estudioso data como do século XV, pero coidamos que sexa do seguinte, ou xa dos primeiros anos do XVII, do que Manuel Murguía falando de Noia dixo ,.. es uno de los más bellos que se conservan por aquellos alrededores.
A descrición de Verdejo nomea o século XVI como data da construción e aínda o describe como caído no 1977 por motivo dunha obras ao seu carón. Constaba dunha robusta columna de sección octogonal pousada sobre un basamento de catro chanzos , que hoxe parece que foi substituída por unha de nova construción. Sobre o capitel ten unha fornela que acolle a imaxe da Virxe e remata o seu teito cunha pequena imitación de bóveda de cruceiría. Nas outras caras que a forman aparece unha alegoría da inmaculada Concepción, unha imaxe de Santiago matamouros, e as figuras de dous santos. O alto da capela remata cunha cruz de sección octogonal e extremos potenzados con cartela. O cristo de boa labra presenta apreciables detalles anatómicos e ten un pano de pureza moi voluminoso e voado con respecto ao crucifixo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

González López Clodio. Os cruceiros de Capela:III. Concello de Brión III.( pax 493) cuadernos de Estudios Gallegos. Tomo XLII, Fascículo 107, Santiago 1995. (o documento está en internet en pdf)
Laredo Verdejo, Xosé L. Guía de Lousame. Ed. Gased S.L.(patrocina Concello de Lousame e Deputación Coruña) Dep. Legal C-1344/93. Ano 1993


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.76986634326975
Lonxitude: -8.868866264820099
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84