Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Betanzos - Rúa Fonte de Unta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa está situada no interior do convento formando todo un, onde viven aínda as monxas Agostiñas Recoletas. Noutro tempo, fora hospital da Anunciata. Neste edificio, de construción complexa, conxúganse as dúas funcións que, historicamente, veu desempeñando como hospital e convento.
No século XVI existían en Betanzos dous hospitais, o de San Cristovo e o de San Bartolomé (que ocupaba o actual terreo do convento das Agostiñas). Mais, debido á destrución do hospital de San Cristovo, no ano 1569 e a causa dun incendio que asolou á cidade, decidiuse, por iniciativa municipal, unilas rendas de ámbolos dous hospitais e reconstruír un só edificio baixo a advocación da Anunciación. Nesta reconstrución participará tamén a Coroa, de aí que as armas do emperador Carlos I de España e V de Alemaña aparezan na fachada do convento.
Será no século XVII cando se instalen no edificio as Agostiñas Recoletas, co fin de acoller ás orfas da provincia que, ata aquel momento, eran atendidas pola obra pía de San Nicolás de Bari. Mais o deterioro do edificio e o perigo de ruína que presentaba a súa igrexa, xunto coa escasa dimensión que posuían as dependencias, obrigou a facer unha ampliación cara ó sur. Deste xeito, incluíuse a construción dun templo con planta de cruz latina, situada tralas novas dependencias que se levantaron aliñadas coa rúa. Poucos anos despois, a estrutura do convento foi modificada en profundidade, coincidindo coa perda da función de asilo de orfas que tiña o convento, e pasando estas a ter un asilo propio na Praza García Irmáns Naveira.
Así pois, na actualidade, atopámonos cunha igrexa de principios do século XVIII, aliñada coa rúa, e cos seus correspondentes coros alto e baixo. A súa portada é unha amálgama de elementos arquitectónicos e tallas de diferentes escalas, aproveitados das portadas dos templos anteriores. A planta é rectangular, e consta de tres tramos: presbiterio, cruceiro e nave, cubertos con bóvedas os corpos extremos, mentres que o intermedio presenta unha cúpula con lanterna.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior», Vol.VII, Deputación Provincial da Coruña, 1997.

ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.280829555916355
Lonxitude: -8.209217190742492
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84