Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Betanzos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Este matadoiro foi proxectado e construído coa fin de cumprir as ordenanzas de salubridade, xa que ata ese momento as reses eran sacrificadas no interior das cidades, feito que producía nemerosos problemas sanitarios. O arquitecto lucense, D. Juán Álvarez de Mendoza, foi o encargado de realizar o proxecto, que se levou a cabo nun lugar non lonxe do casco poboado e ben comunicado con el. Atópase preto de augas correntes, imprescindíbeis para o bo funcionamento do edificio.
Presenta planta rectangular rodeada de muros con casetas nos ángulos, semellando unha edificación militar. O macelo, lugar de sacrificio, atópase no centro. Está construído en cantería e cachotería, decorado na parte superior con azulexos debuxados sobre os que se deixa ver un cornixamento de madeira e unha cuberta de tella plana. Apegadas ó lado menor do rectángulo presenta outras dependencias destinadas a currais do gando, depósito de auga e lavadoiro.
Na fachada principal obsérvanse tres volumes ben diferenciados, sendo o central de maior altura. Nel ábrese unha espectacular porta, cun arco de ferradura decorado con forxa. No lateral do edificio volvemos de novo a apreciar ese corpo central máis elevado, no que a distribución de vans é perfectamente simétrica. O muro de peche posúe enreixado de ferro sobre zócolo de cantería granítica e pilastras con portas de ingreso, tamén de ferro.
Na actualidade, o edificio de estilo ecléctico feito en 1910, non conserva a súa función orixinal.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior», Vol.VII, Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.28378970739368
Lonxitude: -8.211928904056549
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84