Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Baralla
Parroquia: Pacios
Lugar: Lamas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:

Situado nun outeiro dominante, presenta forma ovoidal cunhas medidas aproximadas de 140 metros no eixo máis longo e 80 metros no menor. Arrodeado en todo o seu perímetro por unha potente muralla de terra e pedras que polo interior acada nalgúns tramos unha altura de tres metros. No centro do recinto apréciase unha pequena elevación cuberta por mesta matogueira. Debido a unhas escavacións furtivas realizadas hai uns trinta anos, tal como me contou o señor Pepe da Casa do Castro, efectuadas por uns mozos da aldea, saíron á luz unha espada e anacos de vasillas cerámicas. Por mor das devanditas escavacións, tamén afloraron unas estruturas habitacionais que aínda se aprecian hoxe en día: una feita con pedras graníticas e coas esquinas en ángulo recto, e outra construída en lousa e de planta redonda. Polo leste tamén presenta un antecastro de medidas similares ao recinto principal protexido por unha muralla terreira e polo desnivel do terreo. Nas proximidades do castro aínda manan catro mananciais dos cinco que había; nun deles obsérvase un camiño que sae do mesmo castro. Tanto o recinto principal como o antecastro foron utilizados para labores agrícolas.
No interior hai unha mámoa cunhas medidas de 10 x 12 metros e unha altura de 0,50 metros xa coñecida dende antigo que recibe o nome de A Medorriña.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen usoAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-baralla.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.93934017309664
Lonxitude: -7.317667007446289
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84