Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Treos
Lugar: Cárneo
Outra denominación do ben: Pedra da Moura de Carnio
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

A Pedra Moura é de menores dimensións á súa veciña Pedra Cuberta. Ten cámara poligonal con seis esteos e corredor curto do que conserva catro esteos. Fáltalle a tampa da entrada, aínda que conserva desprazadas as da cámara sepulcral. Unha delas está caída no interior. O dolmen está inserido nunha mámoa bastante aplanada da que pouco se aprecia, só chega ao metro de altura. Pedra Moura conserva pinturas de cor vermella e negra sobre fondo branco.
Nunca houbo unha escavación arqueolóxica nesta anta, xa coñecida, recollida e deseñada polos Leisner. Conta Ramón Boga que en 1989 a parcela da Pedra Moura pasou de monte baixo a herbal. Os traballos de conversión estragaron a coiraza do túmulo. Con este movemento de terras as pedras desprazáronse e tamén fixeron que se descubrira no corredor un fragmento de cerámica campaniforme conservado hoxe no Museo Arqueolóxico do castelo de San Antón da Coruña.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15092001
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Como moitos outros lugares onde hai xacementos, o topónimo do lugar fai referencia ás mouras, seres mitolóxicos que habitaban nestas misteriosas construcións.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, Xª Mª (2006) Polas antas e mámoas da Costa da Morte, Tórculo Artes Gráficas (Santiago)
www.dolmensedemaisfamilia.blogspot.com
Fábregas, Ramón (2002): “Datación radiocarbónica de pinturas megalíticas del noroeste peninsular” en Trabajos de Prehistoria 59, n.M, pp. 157 a 166


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0813759896
Lonxitude: -8.9778149128
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84