Outra fotografía:

Tipo de ben: Calvario,
Concello: As Neves
Parroquia: Vide (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Conxunto formado por tres cruces que se dispoñen sobre un altar de pedra conformando o que se coñece como un Calvario. A cruz de maior tamaño é a central e nela represéntase a Cristo pola súa parte dianteira e á Virxe polo seu reverso.

Sobre o fuste da cruz central aparecen representados distintos elementos da iconografía da paixón de Cristo, e este é rematado por un capitel pseudocorintio con decoración de cabezas sobre o que se dispón a cruz. As outras dúas cruces laterais son de inferiores proporcións, presentan un fuste octogonal sobre o que colócase unha esfera aplanada a xeito de capitel que soporta a cruz superior.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.090376596613474
Lonxitude: -8.378469944000244
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84