Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: As Neves
Parroquia: Vide (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situado a escasos metros do calvario, atópase embutido nun muro.

Consta de catro pezas que se suceden verticalmente: un basamento sobre o que se dispón unha repisa; sobre esta o nicho da fornela que finalmente se remata cunha pequena cornixa de gran voo.

O nicho presenta epígrafe e no interior da fornela alberga o pequeno retábulo. Neste, se representa a Cristo atado ao piar no que foi fustigado e flanqueado á dereita por unha figura feminina (posiblemente a Virxe María dado que porta unha media lúa e aparece con restos de policromía azul) e á esquerda por unha figura masculina. As tres figuras aparecen sobre unha peana, descabezadas e moi erosionadas, sobre un fondo con restos de policromía azul. Baixo este primeiro grupo represéntanse as almas no purgatorio.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.09042834793593
Lonxitude: -8.37857723236084
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84