
Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: O Rosal
Parroquia: Tabagón (San Xoán)
Lugar: Alto da Portela.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Trátase dunha soberbia mansión construída na ladeira que cae do monte cara o río Miño, feito este que dota á vivenda dunhas impresionantes vistas sobre o esteiro do Miño. É unha casa indiana construída polos irmáns Baquero Alonso, emigrados ao Brasil e á República Dominicana e que decidiron levantar esta mansión no 1917, sendo rematadas as obras no ano 1920, tal como figura no frontispicio.
En inicio presenta unha planta cadrada de dous andares e cuberta a catro augas, que cos diferentes corpos anexos confírenlle unha maior complexidade e elegancia aos alzados. Así, na parte posterior sobresae un corpo anexo con cuberta a catro augas que lle proporciona forma en L á planta, á súa vez, entre este corpo e o principal aparece unha galería sostida por unha arcada.
A planta baixa está construída toda ela en canteiría de estilo rústico e amosa tres portas na súa fachada principal. A planta noble, pola contra amosa forma en L, xa que no frontal de acceso existe unha terraza á que se accede mediante unha escada exterior, que é onde se acha a entrada do edificio. Neste andar os vans presentan arco rebaixado e un elegante recercado de pedra que nos transmiten un gusto ecléctico e neobarroco, xa que este tipo de vans atopámolos en numerosos edificios do barroco portugués. Pero sen dúbida, o elemento máis destacado da fachada principal é a triple xanela que centra o paramento, onde se aprecia un orixinal frontispicio no peitoril con decoración a base de motivos vexetais. O van central desta xanela ten arco de medio punto cun relevo na súa clave sobre o que aparece a data da vovenda, 1920. Finalmente, o paramento remata cunha sobria cornixa e un sotabanco con relevos xeométricos.
Finalmente, a casa rodéase dunha extensa finca, pechada no seu frontal por un enreixado de ferro fundido sobre pedra onde aparece a distinguida palmeira das casas indianas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BORES GAMUNDI, F. «Casas de indianos. Pontevedra». Santiago de Compostela, 2009. (pp.397-399)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.930965810838536Lonxitude: -8.800140023231506
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84