Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Tomiño
Parroquia: Forcadela (San Pedro)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de grandes dimensión cunha plataforma de tres chanzos e base achafranada nos seus vértices superiores na que amosa un epígrafe e a data de 1680. Sobre un arranque cadrado con decoración xeométrica desenvólvese o fuste cilíndrico dividido en dous niveis, un inferior con estrías nervadas para pasar a un segundo nivel simplemente estriado. Nel aparece unha figura humana labrada. Como capitel presenta unha esfera aplanada sobre a que descansa a cruz de paus cadrados coa representación de Cristo e a a Virxe no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.98427738579388
Lonxitude: -8.72027724981308
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84