Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Quiroga
Parroquia: A Ermida
Lugar: A Ermida
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificio do século XVII, construído sobre un primitivo asentametno castrexo. A nave lateral é do primeiro terzo do século XVIII. Sancristía pegada ao lado norte do presbiterio. Capela maior cuberta a catro vertentes con tellados de lousa. Muros de cachotaría e campanario dun só corpo. No interior retábulos coa imaxe da Nosa Señora da Ermida, pequena escultura pétrea de orixe descoñecida, posiblemente do século XIII; outras tallas dos séculos XVI a XVIII.
Crese que no mesmo lugar había unha primitiva ermida paleocristiá. Proba disto teriámolo na existencia de basas e placas de mármore no interior da igrexa. Cómpre salientar que neste emprazamento foi atopada unha peza única en Galiza, datada na fin do século IV, o denominado como o Crismón de Quiroga; trátase dunha peza de mármore co anagrama de Cristo entre as letras alfa e omega e cunha inscrición en latín na marxe que recomenda renunciar aos bens materias, hoxe en día custódiase no Museo Diocesano de Lugo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/default.asp/mapes/GALICIA/LUGOPA006.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.48152927707407
Lonxitude: -7.251057028770447
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84