Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Bueu / Morrazo (comarca)
Parroquia: Bueu ( San Martiño )
Lugar: Valado
Outra denominación do ben: Santos Reis
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Érguese no mesmo lugar onde se achaban as ruínas dunha antiga ermida do ano 1686 da que se conservan algunhas pezas na actual capela . Esta capela dedicada a os santos Reis (Reis Magos de Oriente) foi deseñada por Urbano Lugrís . O seu tema foi o mar, Lugrís definiu este santuario como a súa gran obra, onde mesmo deseñou o retablo do seu interior . A capela é de tamaño pequeno situada na zona do valado cunhas vistas fermosas da vila de Bueu. Esta capela é un dos poucos templos dedicados a os Santos Reis en toda Europa e o día de Reis faise unha pequena Romaría onde se degusta o tradicional Roscón de Reis con outros prudutos típicos .
Esta Capela esta coidada por unha asociación que é a mesma que organiza a Romaría dedicada os reis .
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Ten un retablo moi interesante, pero foi roubado fai anos; a asociacion que coida esta capela está intentando facer unha copia .
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Non
Onde está localizado
Latitude: 42.31359195477533Lonxitude: -8.789593577384949
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Ago 31, 2011
Coma información adicional, engadir o enlace ao catálogo das N.S.P. de Bueu (1986):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BUEU/documents/0719NO010.pdf
Oscar Franco says:
Nov 25, 2015
Nos laterais podemos ver catro falsos contrafortes que serven como ornamento e para situar, en cada un deles, un evanxelista. Tres deles, orixinais do edificio de 1686, foron roubados e logo recuperados.
Sobre o retablo do que se fai referencia nos “Elementos mobles”, dicir que foi feito polo taller dos irmáns Rivas de Santiago de Compostela.
Marián Santiago says:
Mai 28, 2016
Nova do 27 de maio. Bueu mellorará o ámbito da capela dos Santos Reis.
http://pontevedraviva.com/xeral/28387/bueu-mejorara-ambito-capilla-santos-reis/