Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Sober
Parroquia: Pinol (San Vicente)
Lugar: Cimadevila
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Situado no alto dun monte que domina o canón do río Sil. Edificio barroco inacabado que presenta unha planta de cruz latina con nave rectangular e capela maior. Muros de cadeirado. Fachada con porta rectangular. Das dúas torres proxectadas cando a construción só se levantou unha. O santuario atópase dentro dun recinto que en todo o seu perímetro está cuberto por pórticos cubertos.
Nas inmediacións hai unha mámoa, petroglifos, un castro e un miradoiro sobre o río Sil.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SOBER/documents/27182CA231.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3991803Lonxitude: -7.5518479
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Mai 28, 2013
A principios do século XX participaban na procesión os Danzantes e as Amazonas.
Asegúrase que a Virxe de Cadeiras era irmá da de Trigás en Ourense e da do Monte Faro de Chantada. Polo visto, a imaxe desta Virxe estaba na igrexa de Pinol pero soía escapar ata Cadeiras e agochábase nunha pedra oca, onde gardaba o peite e o xabrón para o aseo. Acabou conseguindo que lle fixesen alí o santuario e o oco da pedra onde se gardaba é hoxe un peto para as esmolas dos devotos.
Un cáliz que hai neste santuario foi producto dun roubo feito ós mouros da comarca. Dise que lles roubaran dous, ambos de ouro, pero dun xa non se sabe pois seica o vendeu o crego.
Fonte:
VV.AA., Sober. Lugo, Servicio de publicacións da Deputación provincial de Lugo, 1998.
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=49&n=a_virxe_de_cadeiras_de_pinol
Oscar Franco says:
Mar 22, 2014
O Santuario porá fin as súas humidades e goteiras cunha nova cuberta. Noticia que se recolle na prensa escrita:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2014/03/22/nueva-cubierta-madera-protegera-cadeiras-goteras/0003_201403M22C5993.htm#.Uy18GMrLw9E.facebook
Oscar Franco says:
Dec 28, 2017
O edificio actual, feito sobre unha antiga ermida, é obra do arquitecto Vicente González, freire da comunidade relixiosa de San Vicente do Pino de Monforte, entre os anos 1780 y 1794. O promotor da obra foi o párroco Juan Manuel Moure y Guerra.
No interior destaca o retablo maior, procedente da desaparecida igrexa franciscana de San Antonio de Monforte. o retablos laterais son da igrexa de San Vicente de Pinol.