Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Berdoias (San Pedro)
Lugar: Boallo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este petróglifo foi descuberto no 1997 de forma casual por Manuel Soto cando repousaba sobre unha rocha durante unha xornada de caza. Este petróglifo responde claramente á tipoloxía de combinacións circulares, o grupo máis característico dos gravados galegos.

Trátase dun petóoglifo composto de varios motivos circulares cadanseu cunha cazoleta e un só círculo. Os máis grandes do conxunto, concretamente dous, son moi parecidos na forma e tamaño, estando composto por catro círculos, unha cazoleta central e un radio que comunica esta co círculo externo ou derradeiro.

Os gravados dispóñense sobre unha superficie erosionada e sinuosa de rocha granítica emerxente do chan, e que se empraza ó pé doutras dúas pedras superpostas que lle serven de abrigo pola parte do oeste. A rocha ten unha suave pendente e con orientación ó poñente do sol.


Fotogrametría:

Petróglifo de Boallo
by magago
on Sketchfab


Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-Troiano Carril, X.: “Camariñas, Corazón da Costa da Morte”, Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Non


Onde está localizado

Latitude: 43.0678649365
Lonxitude: -9.09842312336
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84