
Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (Santa María)
Lugar: Praza de España
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Erixido no ano 1909 por orde do Concello de Pontevedra en conmemoración da batalla de Pontesampaio entre unha forza conxunta de tropas regulares españolas e milicias populares galegas que se enfrontaron as tropas francesas dirixidas polo mariscal Michel Ney, que tivo lugar entre os días 7 a 9 de xuño de 1809, no escenario da Guerra de Independencia española. A resistencia dos españois, impediu a Ney o paso do río, véndose obrigado a retirarse.
O monumento xurde como iniciativa do parlamentario Eduardo Vincenti Reguera e do Centro Gallego de Madrid. O 9 de febreiro de 1909 o Concello de Pontevedra acorda conceder unha subvención de 500 pesetas e, posteriormente, aproba a aportación de pedra de granito que servirá de soporte as figuras de bronce. A iniciativa de Vincenti foi secundada por outros patrocinadores e colaboradores do proxecto escultórico, entre os que se atopa Javier Puig Llamas, alcalde de Pontevedra naquela época, que tamén foi presidente da Deputación e decano do colexio de avogados, así como o entón presidente do Senado, Montero Ríos. Todos eles pronunciaron os discursos no acto de inauguración do monumento o 27 de agosto de 1911. O goberno de S.M. Afonso XIII, que tamén cedería os bronces necesarios para a execución da escultura, concedeu paralelamente unha medalla conmemorativa dos combates de Ponte Sampaio. Na documentación oficial, tamén se recolle a aportación de fondos de moitos particulares para sufragar la obra. O conxunto foi realizado polo escultor ovetense Julio González Pola.
O Conxunto presentase coma un tramo de ponte feita en granito que sirve de soporte as figuras de bronce que representan a un grupo de labradores, estudantes e soldados suxeitando unha bandeira, e ao fronte o oficial Morillo. Na súa cara frontal aparece unha labrega portando o escudo de España. Na súa cara posterior, presenta a seguinte lenda feita con letras en bronce:
“Los Heroes de Puente Sampayo acaudillados por Morillo”
E debaixo:
“Primer centenario 1909”
Na cara dereita presenta outra inscrición labrada na pedra que reza:
“Julio G Pola – escultor”
Na beira esquerda do conxunto amosa outra:
“Erigido por suscripción popular a iniciativa del Centro gallego de Madrid presidido por el Excmo. S. D. Eduardo Vicenti y Reguera y siendo alcalde de Pontevedra D. Javier Puig Llamas y Gobernador de la provincia D. Jose Boente Sequeiros”
Durante o verán de 2010 foi o punto de encontro e reunión das mobilizacións do movemento 15M en Pontevedra que fixo da labrega do conxunto escultórica a súa imaxe icónica.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Roberto Taboada Rivadulla, Arturo Hermida Samartín. “O monumento os heroes de Pontesampaio e o seu contorno” Deputación Pontevedra, Editorial. 2009. ISBN: 8484573303, 9788484573302
Referencias en internet:
El monumento a los héroes de Ponte Sampaio, un símbolo centenario.
http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2009/06/09/0003_7772956.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.43159754768878Lonxitude: -8.64749550819397
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Pontevedra en cualquier momento. Destinos en Galicia – Una y más rutas says:
Out 28, 2024
[…] El monumento a los Héroes de Ponte Sampaio, se trata de un monumento de 1911 conmemorativo a la batalla que libró Pontevedra contra el ejército napoleónico en el bicentenario de la épica batalla de Ponte Sampaio contra el ejército napoleónico en 1809. Si quieres más información puedes encontrarla aquí y aquí […]