Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Vimianzo
Lugar: Vimianzo
Outra denominación do ben: As Torres do Martelo
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Este castelo coñecido polas “Torres do Martelo” por ser don Evaristo Martelo, poeta galego, un dos últimos donos das torres. O castelo logo de estar abandonado e esquecido, a Deputación da Coruña restaurouna e así salvouna da ruína.

Este castelo pola robustez dos seus cimentos e os rasgos románicos da súa parte máis primitiva, pódese dicir que foi construído polo século XIII. Un profundo foxo con ponte levadiza cingue á fortaleza. A torre da homenaxe é a única que conserva as almeas de punta de diamante, así como o paseo de ronda dun dos seus muros. Esta fortaleza foi agrandada e reedificada posteriormente. O descubrimento da estructura duns grosos muros (1,70 metros de ancho) no actual “patio de armas” revelan as modificacións posteriores. Historicamente, o castelo foi cabeza visibel dunha extensa xurisdicción señorial, o que hoxe son os concellos de Vimianzo, Camariñas e Zas.

A proximidade e, nalgún caso, interposición da xurisdicción dos Moscoso coas Terras de Santiago, motivou non poucos conflictos e violentas disputas. A consecuencia dunha delas, a mediados do século XV, máis concretamente no ano 1465, estivo prisioneiro no castelo durante dous anos o arcebispo de Santiago, Alonso II de Fonseca, despois de que Bernal Sánchez de Moscoso (dono da fortaleza) lle arrebatara ao prelado a vila de Noia. As Revoltas Irmandiñas do ano 1467, provocaron a destrucción parcial do castelo, despois da derrota destes, foi tomada polo arcebispo Fonseca que a mandou reconstruir, mais Lope Sánchez de Moscoso e Ulloa que se proclamou Conde de Altamira en 1471, faríase coa fortaleza un ano despois.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-Lema Suárez, X.M.: “Os mellores pazos da Costa da Morte”. Asociación Neria, Cee, 2001.

-Troiano Carril, X.: “Camariñas, Corazón da Costa da Morte”, Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Non


Onde está localizado

Latitude: 43.1111579622
Lonxitude: -9.03177022934
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84