Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Rúa da Fonte da unta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Século XX,
Descrición:

A Fonte da Unta é coñecida tamén como a Fonte do Soldado dende os primeiros anos do franquismo. Este antiquísimo pozo, hoxe convertido en fonte logo de varias remodelacións, sendo tamén a única da cidade ata o século XVIII, aparece citado xa en documentos anteriores á traslación da cidade de Betanzos ó seu emprazamento actual en 1219.
Como dicíamos antes, a mediados do século XVIII, segundo o Catastro de Ensenada, seguía a ser a única fonte que existía dentro do casco urbán, xa extramuros.
Componse dun conxunto case triangular, aberto por un dos ángulos, con sete escaleiras de baixada, que salvan o desnivel de metro e medio con respecto á rúa. Este conxunto de pedra ornamental ten o seu centro, e ó nivel do chan, a fonte propiamente dita, que está composta por un estreito rectángulo de pedra, do que sae un cano que deita a auga nunha arquetiña cadrada tamén de pedra. Ós lados dela, un pouco separado e dunha altura de medio metro, hai dous pousadoiros de pedra de forma rectangular, ben para sentarse ou como é normal, para apoiar a sella ou demáis recipientes.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– TORRES REGUEIRO, X.; GARCIA GONZALEZ, A.: «As fontes no concello de Betanzos». A.C. Eira Vella, Betanzos, 2011.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.28002896250156
Lonxitude: -8.209254741668701
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84