Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Betanzos
Parroquia: Betanzos
Lugar: Praza de Henrique IV
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A fonte ornamental, surtida pola rede da traída municipal, preside a praza da Eira Vella ou de Henrique IV, tratándose dunha das fontes máis recentes da cidade. Enmárcase nas obras de remodelación da praza, inaugurada o 23 de xullo de 1985.
Feita en cantería e, sobre unha base circular, eríxese no centro dun pilón de 60 X 24 X270 cm. en forma de cruz de lados cóncavos que se ergue sobre un pequeno zócalo circular de catro metros de diámetro. A fonte que semella un cálice, sobresae 130 cm. do pilón, e ten un ancho na copa de 62 centímetros. Uns nervos marcan o perfil en cruz que lle dan un certo aspecto eclesial. A copa está pechada pola parte superior cunha tampa metálica, e dela saen catro canos metálicos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– TORRES REGUEIRO, X.; GARCIA GONZALEZ, A.: «As fontes no concello de Betanzos». A.C. Eira Vella, Betanzos, 2011.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.281813685582144
Lonxitude: -8.208621740341186
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84