Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Camariñas
Parroquia: Santa María de Xaviña
Lugar: Tasaraño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A calidade desta fonte está fóra de dúbidas, tomando como base a tradicional fonte de cabaliño do mundo rural, e dándolle unha prestancia e unha categoría artística que a aproximan á arquitectura culta. Feita totalmente en cantería, destácase o frontispicio rectangular no que se resaltan en ámbolos dous extremos pilastras que enmarcan o motivo central, en resalte, no que se abren os dous canos. Unha cornixa fortemente moldurada e movida serve de remate, na que asentan dous pináculos piramidais que flanquean unha cruz. A auga dos canos deita sobre un pilón rectangular que por un dos lados é semicircular. No centro do semicírculo ten unha acanaladura por onde rebosa a auga, e semella ter outra menos pronunciada no lado dereito, aínda que ben poida ser desgaste da pedra. Ten unha tira de ferro para pousala senlla ou outro tipo de envase por cada cano.
O afán da busca do movemento, a utilización de entrantes e saíntes a xeito de placas, e os remates, lémbrannos ao barroco de placas que tanto éxito tivo na arte galega.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND,J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ,X.: «Arquitectura da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas». Deputación da Coruña,1998.
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009
-http://www.camarinas.net/pxom/Memorias/M_Ordenacion/Tomo_IV/M_Catalogo.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.13919531502713Lonxitude: -9.147561192512512
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84