Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Camariñas
Parroquia: San Xurxo de Camariñas
Lugar: Camariñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O castelo do Soberano débelle o seu nome porque foi rematado durante o reinado de Carlos III (1759-1788), Empezouse a construir durante o reinado de Felipe V (1700-1746), pra defender a ría de Camariñas dos ataques piratas ingleses e holandeses. Esta batería estaba formada por unha muralla con dezasete troneiras de catro metros de espesor e un ángulo de tiro sobre a ría de 180 grados. Constaba dun recinto posterior a modo de caponeira para defender a fronte de terra, con un baluarte e dous medios, un foxo ante éles e a entrada pola cara lateral do baluarte central. O muro defensivo abranguía unha fronte de 120 metros repletos de aspillerías noutro tempo.

O castelo foi unha obra do plan de fortificacións iniciado polo Marqués de Ensenada, que conlevou tamén a construcción de varios castelos máis noutras rías. Este castelo tivo un final lamentable e escandaloso. O abandono e a ignorancia, xunto coa cacicada do momento, acabarían co castelo, os seus sillares serviron pra levanta-lo peirao do espigón nun acto de barbarie, deixando no seu lugar unha informe masa de pedras, testemuña muda do que foi un gran castelo. agora tan só quedan os seus alicerces, digamos que é como unha persoa que está espida, sen roupa e que nun futuro poderíase vestir si as autoridades quixesen.

O venres 12 de xaneiro de 1931, aprobaráse o proxecto de peirao e dique pra Camariñas, cun orzamento de 320.768,85 pesetas, pouco máis tarde empezaríase a construilo. A pedra empezouse a coller dende a desaparecida praia do Bico, hoxe soterrada pola explanada do peirao novo, e foise tirando cara á punta do Boi da ría. Nese punto atoparon pedra boa, pero a ignorancia de uns e a listeza doutros, fixeron co castelo viñera abaixo porque asi xa aforraban traballo e uns e outros beneficiaríanse diso. Para traer a pedra, colocaron uns raís dende o castelo ata a vila, e por medio duns vagóns transportarían pouco a pouco toda a sillería da gran batería do Soberano.

Fai uns tres anos,no 2009, un veciño de Camariñas, Juán José Soto mercoulle ao antigo propieterio Pardiñas o terreo, e parece que ten a idea de reconstruílo. Polo de agora está coa labor de limpieza e excavación coa supervisión e visto bó de Patrimonio e tendo en contra o Concello que nunca fixo nada por este monumento declarado BIC e que lle pon todo tipo de trabas segundo denuncia o actual propietario.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 15016006
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

 RODRIGUEZ-VILLASANTE PRIETO, J.A.: “Las defensas de Galicia”, Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1984.
 SORALUCE BLOND J.R.: «Castillos y fortificaciones de Galicia. La arquitectura militar de los siglos XVI-XVIII». A Coruña, 1985.
 TROIANO CARRIL, X.: “Camariñas, Corazón da Costa da Morte”, libro inédito pero inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no 2007,2008 e 2009.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1237119532197
Lonxitude: -9.185192584991455
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84