Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Santiago de Cereixo
Lugar: Cereixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

En Cereixo, vila medieval pertencente ó concello de Vimianzo, podemos ollar todo un conxunto monumental ao redor das torres. Estas torres do século XVI, flanquean o corpo do edificio no que se abre unha porta, de arco semicircular, no que hai un gran escudo ovoidal rodeado de dezaoito bandeiras floriseladas. O escudo está coroado e timbrado coa M dos Montenegro. Entre os oito cuarteis pódense ver os blasóns dos Bermúdez, os dos Castro de Lemos, as faixas horizontais dos Soutomaior, as aspas e o Ave maría dos Mendoza, as follas de figueira dos Figueroa e a banda engolada en dúas cabezas de dragón dos Andrade.

Noutros 3 escudos empotrados no lateral do edificio, distínguense os emblemas dos máis antigos posuidores das torres. Entre eles vemos a cabeza de lobo dos Moscoso, as mans de Carantoña, o piñeiro dos Caamaño e a torre de Guisamonte.

Chegando as portas das torres, ademáis de admirar todo o seu entorno, atopámonos cun carballo milenario, un carballo que cobre toda a praza coa súa arboladura xigastesca, pois para abrazar o seu tronco fan falla catro persoas, outro gran monumento a protexer e a disfrutar.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-Lema Suárez, X.M.: “Os mellores pazos da Costa da Morte”. Asociación Neria, Cee, 2001.

-Troiano Carril, X.: “Camariñas, Corazón da Costa da Morte”, Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Non


Onde está localizado

Latitude: 43.13239564618212
Lonxitude: -9.127069115638733
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84