Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Laracha / Carballo
Parroquia: Santa Mariña de Lemaio
Lugar: Bico do castro, Quenxe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro da Condesa coñecido tamén como o Bico do Castro, está situado a unha altura de 215 metros sobre o nivel do mar. Este xacemento posúe unha forma elíptica cunhas medidas de NL-SO de 155 metros e NO-SE de 110 metros de lonxitude que acada unha superficie de máis menos 1,8 Ha. A súa croa ten unhas medidas de N-S de 65 metros por 70 metros de lonxitude de O-L. acadando unha superficie de máis menos 3100 metros cadrados. Aparecen dúas murallas concéntricas que se reforzan no sector norte cun terceiro parapeto intermedio e un foxo entre este e a muralla máis exterior, onde posiblemente se atoparía a entrada o recinto. O interior da croa está moi alterado pola presenza de grandes furados que semellan ser antigas canteiras, abundando na zona os afloramentos graníticos. Actualmente a zona está cuberta por matogueiras e abundante vexetación arbórea, que fai de moi difícil acceso a este xacemento. A parte suroeste do castro pertence ao concello de Carballo.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15041007
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LARACHA/documents/0199CA010.pdf (pax. 8).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.24790671713701
Lonxitude: -8.651561737060546
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84