Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Lousame
Parroquia: Lesende (San Martiño)
Lugar: Lesende
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

No ano 2006 e durante unhas xornadas sobre patrimonio que se levaron a cabo en Lousame o investigador Iago Urgorri revelou o achado dunha ara galaico-romana que se podía datar sobre o século II, despois de Cristo, ou comezos do século III, na aldea de Lesende. A ara está colocada nun muro interior dunha estancia da parte baixa da casa reitoral, ao carón da igrexa de San Martiño de Lesende. As inscricións son bastante lexibles, pero a pedra está exposta a humidade e a outros elementos que fan que a pedra sufra un acusado desgaste. A interpretación epigráfica sería segundo os investigadores : MARCO VALERIO OFRECE ESTE VOTO A NAVIA POLOS SEUS MERITOS. Na segunda foto vemos a fotografía que saiu publicada na Voz de Galicia o 2 de setembro do 2006. A ara estaría posta na parede coa cara máis longa parapela ao chan, e non como reflicten as fotos, que foron tomadas para identificar as letras.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://sacou.blogspot.com.es/2006/10/iago-urgorri-atopa-ara-romana.html
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/09/02/5074094.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/03/5161633.shtml?idioma=galego
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.790361950281
Lonxitude: -8.8205328583717
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84