Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Camariñas
Parroquia: Santa María de Xaviña
Lugar: A Paxariña
Outra denominación do ben: Pazo de Dor
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Este pazo está situado no lugar de A Paxariña, o Pazo de Dor ou tamén coñecido como “Casa Forte de Dor” é o de máis longa historia do concello de Camariñas. A súa orixe remóntase ó ano 1582, cando fundou esta casa Gonzalo dos Barreiros. Os seus descendentes emparentaron con familias nobres da comarca, mais remataron alleando o edificio, que foi adquirido por Evaristo Mouzo, Maxistrado do Tribunal Supremo, quen trasladou pedra a pedra parte do pazo dende Dor á pequena enseada de Paxariñas, onde alí pódese vela moi airosa.
De planta cadrada, distribúese en dúas alturas. A primeira acolle a adega, algúns dormitorios e unha pequena sala de estar. Na parte superior podemos atopar a cociña cunha gran lareira e outras dependencias, destaca na escaleira exterior a fermosa e ben labrada balaustrada e a cheminea de gran tamaño. Ten catro fachadas e nunha das laterais sitúase a cheminea, o elemento máis sobresaínte do edificio. A fachada principal conta con escaleiras con balaustrada de pedra tallada que soben ao piso posterior e cunha pedra armeira na parte superior do muro. A cuberta é de catro augas con tella curva do país e os muros son de cadeirado granítico.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-LAREDO, X.L. e VAZQUEZ EFREN J.M.: “Camariñas”, Deputación Provincial da Coruña, 1989.
-TROIANO CARRIL, X.: “Camariñas, Corazón da Costa da Morte”, Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Non
Onde está localizado
Latitude: 43.1350380944Lonxitude: -9.14903640747
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Ago 31, 2011
Coma información adicional, engadir que Camariñas ten por planeamento vixente unha D.S.U. (1981) polo que é necesario remitrse ao inventario de patrimonio das Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento de A Coruña:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/CORPA003.pdf