Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Zas
Parroquia: Brandomil
Lugar: Brandomil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Esta ponte consta de catro arcos cunha luz de 8,20 metros tres deles e, outro máis pequeno. Os dous centrais, coinciden co curso do río, están formados por dúas roscas cuns vinte centímetros de voladizo. As bóvedas e os tímpanos son de sillería. Consérvase ben os pretís e un tramo de calzada que se alonxa por un dos seus extremos chegando a cruzar a estrada xeral.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15093011
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-LAREDO, X.L. e VAZQUEZ EFREN J.M.: «Santa Comba, Zas», Deputación Provincial da Coruña, 1989.
-Troiano Carril, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Non
Onde está localizado
Latitude: 43.0079894245492Lonxitude: -8.922454118728638
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Set 4, 2011
Coma información adicional, enlazar a ficha 8elemento 6.3) desta ponte no catálogo do P.X.O.M. (2007) de Zas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ZAS/documents/26250CA011.pdf
Manuel Rial says:
Set 4, 2011
Esta ponte substituíu a unha anterior romana, pero é unha construción medieval, posiblemente do séc. XIII. Existe a falsa crenza de que se trata dunha ponte romana, cando non é certo.
O que si é certo é que en Brandomil existiu unha importante mansión romana da que hai pouco se atoparon numerosos restos. Unha estación de parada na vía XX per loca marítima, un camiño que cruzaría o río Xallas gracias á antiga e hoxe en día inexistente ponte romana.
Oscar Franco says:
Out 25, 2016
Nota de prensa do 24 de outubro de 2016:
http://www.adiantegalicia.es/cultura/2016/10/24/el-camino-que-une-a-bainas-berdoias-y-brandomil.html