Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Cambados
Parroquia: Cambados (Santa Mariña)
Lugar: Illa de San Sadurniño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Houbo unha primeira estrutura defensiva que foi construída na época do bispo compostelán Sisnando, na segunda metade do século X, aproveitando unha edificación anterior. Con posterioridade a vila e a fortificación foron mercadas polo arcebispo de Santiago Diego Xelmírez no século XII. No século seguinte pasou por aforamento a ser feudo de Paio Gómez Chariño.

Finalmente a fortificación foi destruída entre 1466 a 1470 durante as revoltas irmandiñas. É reconstruida neste mesmo tempo polo Mariscal Suero Gómez de Sotomaior.

A principios do século XX aínda eran visibles os alicerces da antiga capela do complexo.

Na pequena illa que ocupaba a antiga fortificación só se conservan uns poucos restos: unha esquina dos muros rexos de cantaría de granito cunha xanela. Ademais atópanse restos dunha lareira no encontro dos muros, que consta dunha cambota de granito sostida por canzorros e unha cheminea formada por un cano tamén de granito.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición fala de que ademais da súa función defensiva tamén serviu de torre de vixilancia e de faro. Durante os ataques dos piratas normandos e berberescos formaba parte dun sistema de comunicación polo que, por medio de fogueiras, alertaban á xente da comarca para impedir o asalto á cidade de Compostela. O aviso chegaba desde a fortaleza da Lanzada, e o lume da fortificación de San Sadurniño era visible ata Vilanova de Arousa, e a fogueira desta alertaba ás Torres do Oeste en Catoira, lugar estratéxico fundamental para a defensa de Compostela.

Noutros sitios teño escoitado que nesta rede tamén se incluían o Monte Lobeira e o castro do Con das Sete Pías.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● Boga Moscoso, Ramón. ” Guía dos castelos medievais de Galicia. Información práctica e itinerarios: Historia e lendas”. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2003. ISBN 84-9782-035-5. P. 245-246.
● Caamaño Bournacell, José. “Cambados a la luz de la historia”. 1933.
● N.S.P 20/07/1994 Concello de Cambados. Fichas A1-C2. p. 25.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CAMBADOS/documents/0734CA002.pdf

Ligazóns externas
http://gl.wikipedia.org/wiki/Torre_de_San_Sadurni%C3%B1o


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.50760332284532
Lonxitude: -8.821592330932617
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84