Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Vimianzo
Lugar: Vimianzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O pazo de trasariz sitúase ao pé do Castelo de Vimianzo. Esta casa señorial foi fundada polos Caamaño de Noia. É un fermoso conxunto pacego, no que compiten arquitectura e paisaxe. O edificio configura unha planta en “L”, cunha coxía principal na que se sitúa, no baixo, unha arcada de traza clásica con columnas de estilo dórico que soportan oito arcos de medio punto. Sobre este espazo soportalado sitúase unha solaina con columnas, de estilo xónico esta vez, que sosteñen un friso liso. Unha elaborada balaustrada de estilo compostelán serve para pechar este espacio. Apegada a ela, un corpo que segue o deseño característico das construcción pacegas, cun pano de cantería de granito no que se recortan os vans de xeito sinxelo. Na coxía que se dispón perpendicularmente, orientada o sur, atópase a zona das cociñas na que se conserva unha fermosa lareira de cantería. Nestes dous volumes hai que salientar a presenza rotunda e maxestuosa de dúas chemineas de gran tamaño, unha delas de dous corpos, realizadas en cantería que se rematan cunha peza prismática colocada sobre pequenos canzorros e coroadas con pináculos de fina labra. A arcada duns 18 metros de longo, ten adosada na parte que dá ao norte, unha capela barroca do século XVII.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-LAREDO, X.L. e VAZQUEZ EFREN J.M.: «Muxía, Vimianzo», Deputación Provincial da Coruña, 1991.
-LEMA SUAREZ, X.M.:”Os mellores pazos da Costa da Morte”, Asociación Neria, Cee, 2001.
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Non


Onde está localizado

Latitude: 43.11259126792064
Lonxitude: -9.033572673797607
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84