
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Catoira
Parroquia: Catoira (San Miguel)
Lugar: Catoira
Outra denominación do ben: Castellum Honesti
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Complexo defensivo construído en diferentes períodos. Estaba conformado por dous recintos. Un exterior formador por unha gran torre de homenaxe, ao este, coa porta de entrada do complexo e dúas murallas polo norte facendo unha gran curva cara ao oeste, e polo sur ,cunha pequena torre acaroada de planta semicircular, torcendo en ángulo recto tamén cara ao oeste. Ambos ramais da muralla contaban cunha pequena saída de augas por debaixo do nivel actual do terreo.
Este recinto estaría destinado a dar cobixo a poboacións do arredor e ao gando en caso de ataque.
Ambos extremos da muralla remataban nun castelo na parte este, no alto dun pequeno promontorio, formadas por un recinto interior pechado en forma poligonal con catro torres nas súas esquinas e outra gran torre do homenaxe con outros recintos como a ermida adicada a Santiago no seu interior. As torres remataban en almenas sinxelas e estaban cubertas.
Hoxe en día podemos ver o primeiro e segundo corpo máis o arco da entrada da torre de homenaxe do este chamada torre de Lugo. Máis a ermida que se conserva completa e as ruínas que conservan a súa altura orixinal das torres do castelo interior situadas máis o sur e que serven de imaxe icónica do lugar. Así mesmo despois da intervención arqueolóxica e posta en valor do lugar podemos ver os alicerces do resto das outras estruturas.
O lugar estivo habitado dende a idade de ferro. Naquel entón o lugar era unha illa no medio do río Ulla no que había un castro. A illa uníase a terra por medio dun pontón sostido por columnas de madeira.
Durante a época romana convértese nun dos principais enclaves portuarios que canalizaban as mercadorias cara ao nó de comunicacións que era Iria Flavia. Nos primeiros séculos da alta idade media, o lugar cae en abandono. Neste período atopáronse evidencias de enterramentos no lugar.
As estruturas defensivas do castro volven a empregadas e melloradas na segunda metade do século X, en tempos do bispo de Iria Flavia Sisnando II (953-968) contra o ataque dos viquingos. Xunto coas torres de A lanzada, Darbo, o castelo de Cedofeita e unha torre en Pontesampaio forman unha rede de protección dos señoríos de Iria e Compostela. Desta época consérvanse os alicerces da torre de homenaxe e unha torre do recinto interior.
Durante os séculos seguintes, XI e XII, o complexo se reconstrúe, consérvanse soamente a torre de homenaxe e unha torre nor-oriental do recinto interior, e ampliase chegando o seu maior grado de edo que podemos ver os seus alicerces actualmente.
No século XV as súas instalacións son totalmente obsoletas quedando en estado de abandono. Hai unha reocupación ocasional no século XVIII no que se emprega como punto defensivo fronte os ataques ingleses. Chegando aos nosos días en estado ruinoso.
No ano 1931 é declarado monumento histórico artístico e nos anos oitenta empréndense labores de escavación arqueolóxica e consolidación do xacemento.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
● Naveiro López, Juan L. “Torres de Oeste: Monumento histórico e xacemento arqueolóxico”. Diputación Provincial de Pontevedra, Servicio de Publicaciones, 2004. ISBN 84-8457-182-3.
● Morales Romero, Eduardo. «Os Viquingos en Galicia». Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. 1997. P. 142.
● Eduardo Alvarez-Escarpizo. “Las Torres del Oeste en Catoira: Galicia: su relación con las incursiones normandas y musulmanas”. Castillos de España: publicación de la Asociación Española de Amigos de los Castillos”, ISSN 0008-7505, Nº 78, 1973, págs. 17-24.
● María Pilar Fernández Pintos. “Torres de Oeste: cerámica indíxena e romana nas excavacions dos anos 70”. Gallaecia, ISSN 0211-8653, Nº 18, 1999, págs. 223-238. http://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/83882.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.676724941949885Lonxitude: -8.724689483642578
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84