Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: San Mateo de Oliveira (San Mateo)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que se ergue sobre tres escalinatas de perpiaño e unha traballada base de forma trapezoidal, alta, e que leva nos extremos decoración de volutas. O fuste é redondo con figura a metade, representando unha muller sobre bóla do mundo pisando a serpe. Segue o capitel de forma clásica, unido ao fuste por colar redondo, follas de acanto e cabezas de anxos alados, remata en ábaco curvilíneo. Por último e para rematar o monumento colocouse unha cruz de forma redondeada, moi alta, esbelta e imitando á cortiza dunha árbore con cartela de INRI. No anverso figura dun Cristo ben moldeado, case pendurado da cruz, cabeza ladeada e coroa de espiñas, anatomía ben marcada e pano de pureza anoado a esquerda. Anxo con cáliz na man recolle o sangue que lle brota do costado dereito. No anverso a Virxe das Dores en actitude de recollemento.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA010.pdf (Páxina 4)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360422301.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1566891085
Lonxitude: -8.48251283169
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84