Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Camariñas
Parroquia: Santa María de Xaviña
Lugar: Tasaraño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico achafranado cos paramentos recadrados e cunha cruz gravada no medio de cada paramento recadrado, agás na parte do anverso que ten unha placa de mármore na que indica o ano en que foi feito e que di: “1952 COSTEADO POR JOSE SANTOS Y AVELINA DIOS”. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Xusto onde empeza o varal, ten unha pequena placa coa figura dun cálice e cunha inscrición que di: “SANTA CRUZ, TASARAÑO”. O capitel é cuadrangular moldurado con querubíns, coroa de espiñas e a Santa Face. A súa cruz é cuadrangular e presenta no seu reverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre nubes. O cruceiro ten a plataforma, pedestal e o varal de granito, sendo de formigón, o capitel e a cruz. O seu estado de conservación é regular.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009
-http://www.camarinas.net/pxom/Memorias/M_Ordenacion/Tomo_IV/M_Catalogo.pdf
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CAMARINAS/documents/27721ca006.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.14085694987183
Lonxitude: -9.147309064865112
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84