Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Lérez (San Salvador)
Lugar: Castelo (O)
Outra denominación do ben: Citofacta, Castro de O Casteliño
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval,
Descrición:

O castelo de Cedofeita consistía, posiblemente, nun muro defensivo en torno a un outeiro que actuaba a modo de atalaia de vixianza que dominaba o fondo da ría de Pontevedra e o camiño que ía dende Tui a Santiago. E moi probablemente aproveitando as estruturas dun castro anterior.

A primeira mención que temos da existencia de dito castelo aparece unha ‘Donatio’, é dicir, unha doazón, do rei Ordoño II e a raíña Elvira ao abade Guntado do mosteiro de Lérez, no ano 916. Neste escrito tamén se menciona a existencia dunha inscrición en pedra.

“In primis ponimus Cautum per Portum de Elva, et inde per terminos de Guigílde, et inde ad Petram scriptam quae est in muro de Citofacta…”

O castelo volve a cobrar importancia en tempos do bispo de santiago, Sisnando II (952-968), que o emprega nun sistema defensivo contra os ataques dos vikingos xunto coas torres de A Lanzada, torres de Oeste en Catoira, Darbo e Pontesampaio.

No século XII o Lérez convértese na fronteira natural co novo reino de Portugal, independente no ano 1139. No ano 1165 Fernando II e Alfonso Enriquez asinan a “paz do Lérez” despois da disputa polo territorio ao norte do Miño. O rei portugués comprometíase a devolver o castelo de Cedofeita que tiña ocupado, e retirarse a terras portuguesas. Nembargantes, os pactos non se cumpren, e o castelo non é entregado, polo que Fernando II toma a iniciativa para reconquistar a fortaleza.

A partir de esta época, O castelo de Cedofeita vai perdendo protagonismo como enclave defensivo, en favor das torres arcebispaís situadas na cidade de Pontevedra ata que a partir do século XV desaparece toda mención as mesmas.

O castelo está situado no alto do monte no lugar de Casaldourado. Atravesando unha zona de labranza chegamos o lugar de Casteliño. No medio dun eucaliptal se aprecia unha plataforma onte atopamos tres outeiros moi elevados, sendo o de en medio o de maior altura e posiblemente o que actuase de atalaia. Ao este, hai outra plataforma con outro outeiro que remata nunha superficie plana.

Actualmente é unha plantación de eucaliptos e cuberto de maleza, no que se atopan moitos muros de pedra para separar fincas.

No alto do outeiro de maior altura pódense atopar en catro penedos inscricións e gravados de époa incerta pero a maioria deles dos anos 90 inda que algún podería ser de épocas anteriores.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36038010
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Xosé Abilleira Sanmartín, Xosé. “O Castellum de Citofacta en Lérez: uns comentarios sobre a súa documentación” Revista Cedofeita. 1999. nº 3.
● Rodríguez Figueiredo, Modesto. “Disparidad de textos y error de fecha en las versiones conocidas del documento de donación del Castillo de Cedofeita”. El Museo de Pontevedra, ISSN 0210-7791, Nº 23, 1969, páxs. 35-45.
● Sanchez Pardo, José Carlos. “Los ataques vikingos y si influencia en la Galicia de los siglos IX-XI”. Anuario Brigantino. Betanzos 2010. Nº 33 p. 67.
● De la Peña Santos y otros. “Historia de Pontevedra” Ed. Via Lactea. ISBN: 84-89444-26-9. P.
● Fortes Bouzán, Xosé. “Historia de la Ciudad de Pontevedra”. Ed. La Voz de Galicia, S.A. 1995. p. 73.
● P.X.O.U 18/12/1989 do Concello de Pontevedra. Edificacións no Medio Rural. Listado de Fichas 1. Pax. 154 – Relación de xacementos arqueolóxicos no municipio e que aparecen reseñados no plano 1:5.000 de clasificación do sólo T.M.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/0878CA001.pdf

Ligazóns web:
Abilleira Sanmartín, Xosé – http://www.arcanaverba.org/cedofeita/comenta.htm
http://aeirinadepedra.wordpress.com/2010/10/02/o-castelo-de-cedofeita-do-seculo-x-a-actualidade/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

No cumio do outeiro de máis altura apareceron nos anos noventa unha serie de inscripcións e iniciaís que ben puideron estragar a “Petram Scritam” que se menciona no documento do rei Ordoño II, ou ben estragar outras inscripcións doutros periodos.

Os veciños do lugar descoñecen a historia deste lugar e mesmo a existencia do castelo.

Compre señalizar e limpar adecuadamente este lugar para que este tipo de intervencións realizadas dende a ignoracia non se continuen a facer, desvirtuando o percepción e valor deste lugar.


Onde está localizado

Latitude: 42.4624763288
Lonxitude: -8.63377332687
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84