Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (Santa María a Maior)
Lugar: Rúa Echegaray
Outra denominación do ben: Cruceiro d'Asención, Cruceiro da Moureira
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Segundo a documentación histórica, o cruceiro data do ano 1592 e orixinariamente estaba no barrio da Moureiro, no que actualmente sería a rúa do Cruceiro.

Castelao destacouno como exemplo transicional do Renacemento ó Barroco.

O cruceiro conta cunha base con catro chanzos e un pedestal de seis lados onde se encaixa o fuste, que presenta unha sección octogonal.

Sobre ela amplíase o tamaño para a correcta suxeición da cruz. A cruz é a parte máis sobranceira; nela destaca o remate das súas puntas coma unha áncora. No centro, represéntase o Cristo en maior tamaño que os seus acompañantes, que son San Xoán e a Virxe. Esta representación con pezas de diferentes tamaños é unha reminiscencia doutros tempos; nos anos seguintes as figuras igualaránse. A escena remite á Deese.

O reverso resérvase para a Virxe María, representada como Piedade co fillo morto. É unha figura quizais máis lograda que a do cristo, saíndo máis do material, cun maior volume. Lógrase ademais un gran traballo nas faccións da Piedade, mostrando unha serenidade e viveza que no século anterior amosaba unha maior rixidez. Xosé Fuentes deixa constancia do costume que había de enterrar xunto os cruceiros fetos ou nenos nados mortos, que o estar sen sacramentar, non podían depositarse no cemiterio.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● FUENTES ALENDE, Xosé. “Cruceiro d’Asunción na Moureira”. Pontevedra: Revista Nodales, 2001.

● RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso. “As Cruces de Pedra na Galiza”. Editorial Galaxia, Edición facsimilar. Vigo 2008. ISBN: 978-84-7154-470-4. Páx. 119 e Lámina XII.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4323181521
Lonxitude: -8.65207672119
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84