Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Tomeza (San Pedro)
Lugar: Lusquiños
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

É unha igrexa pequena de pranta rectagular e unha absida lixeiramente máis estreita que se una a pranta principal por un arco de medio punto.

Conserva a ermida, do XVI, a súa porta, de cinco dovelas de gran rosca e gran anchura, formando un arco de medio punto. O muro enriba do arco foi refeito de mampostería, en lugar da sillería que ten o resto da fachada.

El campanario é recente.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Imaxen de San Cibrán policromado en madeira e Virxe da Peregrina tallada en pedra de granito.


Tradición oral:

Para cumprir co ritual, ademais de asistir a calquera das misas que se celebran nesa xornada festiva, é preciso recoller nove pedras nos arredores da capela. Acto seguido, os romeiros deben dar en silencio nove voltas á capela (segundo os veciños poden ser nove ou sete), facendo un alto na cara sur da mesma para tirar de costas unha das pedras cara o tellado. Uns din que con tocar o tellado é suficiente e outros que teñen que caer do outro lado da capela. Segundo contan, en tempos era perigoso este ritual porque as pedras que se lanzaban eran dun tamaño considerable, e había que andar con ollo non fora caerche unha na cabeza. Aparte do risco para as persoas, os danos que se causaban no tellado da capela eran cuantiosos, obrigando a cambialo polo menos en dúas ocasións.

Cómpre que o ritual se realice dando as voltas (nove ou sete), tirando unha pedra de cada vez, e sempre no sentido contrario ás agullas do reloxo.

De acordo coa tradición, ten os mesmos efectos beneficiosos o feito de pasar por debaixo da imaxe do santo varias veces cando este sae en procesión durante a romaría, percorrendo o contorno do templo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

P.X.O.U 18/12/1989 do Concello de Pontevedra. Edificacións no Medio Rural. Listado de Fichas 1. Pax. 154 – Relación de xacementos arqueolóxicos no municipio e que aparecen reseñados no plano 1:5.000 de clasificación do sólo T.M..
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/0878CA001.pdf

Ligazóns web:
http://www.ponte.tv/2012/04/pedras-sobre-o-tellado-de-san-cibran-para-espantar-o-meigallo/
http://www.websendesarrollo.com/?p=162
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=41&idNoticia=153972


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.41140141769756
Lonxitude: -8.627040982246399
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84