Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Coruxo (San Salvador)
Lugar: O Combro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O cruceiro da Fontaíña é un cruceiro de tipo capela. Ten forma cuadrangular cun so chanzo, sobre o que se apoia unha base cúbica, coas arestas rebaixadas e sen ornamentación nin inscricións.
O seu fuste e cuadrangular, achafranado nos catro cantos a partir de media altura. Na súa parte baixa atópase unha representación pétrea de fornela con remate superior abovedado. Dentro desta fornela inscúlpese o relevo do Crucificado. Sobre esta fornela aparecen outras dúas representacións escultóricas: a primeira é un franciscano e, sobre ela, unha figura dunha relixiosa.
O capitel vai sobre un pedestal con querubíns en cadansúa cara lateral. Presenta as catro caras historiadas nas que están insculpidas as figuras de Santiago Apóstolo, unha escena da Paixón con Xesús portando a cruz, unha figura franciscana, e unha representación ecuestre sen outros atributos, que quizais puidese representar a Santiago Matamouros. A parte superior deste capitel ten forma abovedada.
A Cruz, de forma cuadrangular cos cantos achafranados, contén as imaxes do Cristo crucificado, e a Virxe co Neno nos brazos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha EX.10.005 – páxina 90)
http://xosecounhago.com/?p=1688
http://cruceirosdegalicia.xyz/3605702.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

A escena da Virxe co Neno no colo está máis desgastada ca a do Crucificado por estar cara ao mar e recibir directamente as inclemencias meteorolóxicas.


Onde está localizado

Latitude: 42.20063535419
Lonxitude: -8.7850633263588
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84