Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Forcarei
Parroquia: Castrelo (Santa Mariña)
Lugar: Barciela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Torre de planta cuadrangular dividida en tres corpos cunha escalera arredor polo exterior do acceso. No primeiro corpo hai unha fornela de arco semicircular de grandes doelas; o segundo corpo parte dunha plataforma de chegada ás escaleiras onde se facían os sinais luminosos e forma una especie de espadana con arco de medio punto situado xa no terceiro corpo. Éste remata nun pequeño frontil con beiral e un pináculo na cima, que xa non se conserva. No pequeno frontil hai un reloxo de sol.

A función desta torre, que pertenceu a Torre-fortaleza do Castro de Montes, era a de convocar aos veciños, antes da construcción do templo parroquial, aos actos de culto e as xuntanzas xeraís de Montes, que se reunían a deliberar no Campo da Granxa, ou tamén, con posterioridade, alertar a población das incursións das bandas que asolaban a rexión durante as Guerras Carlistas.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● Boga Moscoso, Ramón. “Guía dos castelos medievais de Galicia. Información práctica e itinerarios: Historia e lendas”. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2003. ISBN 84-9782-035-5. P. 238-139.
● Boletín Oficial de Pontevedra, nº 136. Miercoles, 17 de julio de 2002. P. 67
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/FORCAREI/documents/0786CA001.pdf
● “Inventario do patrimonio cultural da provincia de Pontevedra” Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA003.pdf

Ligazóns na web:
http://xoanarcodavella.blogspot.com.es/2012/10/torre-de-alarma-de-barciela.html
http://sendereando.es/2013/04/30/la-torre-de-alarma-de-barciela/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Sería necesario unha intervención preventiva para consolidala e asegurar a súa cimentación. A torre está pegada a un desnivel de máis de dous metros. O efecto das choivas está a facer que os escanos estean a desprazarse.


Onde está localizado

Latitude: 42.5611293922
Lonxitude: -8.36570799351
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84