
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Praza do Eironciño dos Cabaleiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado con paramentos recadrados e con figuras como o do escudo de Ourense e cunha inscrición que pon: “HIZOLO EL EXMO. AYUNTA ORENSE AÑO MCMLXXV”.
O varal empeza cadrado ata case a metade onde ten unha figura de San Martiño, patrón da cidade, pola parte do anverso, logo o varal pasa a ser octogonal ata o seu capitel cuadrangular con astrágalo circular e ábaco de lados curvos cos vértices achafranados. Ten figuras vexetais e anxos. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e polo seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada co neno no colo.
O cruceiro é todo de granito cun bó estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.33742811044643Lonxitude: -7.863999456167221
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xan 9, 2023
Engado as seguintes referencias web:
http://cruceirosdegalicia.xyz/320540903.html
https://www.canedo.eu/cruceiros/Eirocino.html
e a seguinte referencia bibliográfica:
LOSADA FERNÁNDEZ, J. Ángel e CASTILLO GÓMEZ, Hixinio. (1997). Cruces e cruceiros do Concello de Ourense. Concello de Ourense.