Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Praza do Eironciño dos Cabaleiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O pazo dos Armada levántase no antigo predio Eironciño dos Cabaleiros. Como o nome indica, este lugar viría a ser unha especie de barrio aristocrático do que as sucesivas demolicións apenas deixaron rastro.
Nun lateral, érguese unha gran casa con balcón de madeira do século XVI que pertencía ós Armada. O edificio de dous andares e baixo dispón dun pórtico de acceso así como dunha balconada corrida de madeira. A casa lateral, sobre a portada, loce o escudo nobiliario do fundador. As fiestras decóranse con arcos de cesta de canastra que lembran o antigo señorío dos seus propietarios.
Actualmente identifícase como a Casa de María Andrea, a servente do coengo Guntín, quen lla cedeu en herdanza polo seu comportamento ante os franceses tras a súa invasión a principios do século XIX. Posteriormente foi local de sociedades obreiras, escolas e xornais, sendo agora un bo lugar pra xantar, un restaurante con boas comidas a un bo prezo nun lugar moi acolledor.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Panel informativo do concello de Ourense.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.33751534767046
Lonxitude: -7.8641000390052795
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84