Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ribadumia
Parroquia: Barrantes
Lugar: Rúa Outeiral
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O cruceiro erguese sobre o asfalto nun cruce de rúas. Aséntase sobre unha plataforma cadrada de de dous chanzos, parcialmente soterrados no asfalto. O pedestal é rectangular e o varal de sección octogonal, lixeiramente acanalado, e se estreita a medida que crece en altura. Na parte frontal, ten unha representación simbólica do pecado orixinal. O capitel é de orde composta con cabezas de anxos entre as volutas excepto no anverso que amosa unha caveira. A cruz é nudosa con cartela de INRI. No anverso amosa a Cristo e un anxo recollendo o sangue que mana nun chorro da ferida do costado, e no reverso a Virxe das Dores, cun puñal no peito, sobre a cabeza dun anxo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O cruceiro está nun cruce de rúas polo que sempre hai o perigo, bastante habitual, de que un camión ou calquera outro vehículo o derrube.


Onde está localizado

Latitude: 42.48993273841784
Lonxitude: -8.76761019229889
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84