Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Meis
Parroquia: A Armenteira (Santa Maria)
Lugar: Castiñeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O cruceiro érguese sobre unha plataforma cadrada de cinco chanzos, parcialmente soterrada pola parte posterior. A base é tamén cadrada cunha caveira sobre dúas tibias en altorrelevo na parte posterior. O Varal, achafranado de sección cadrada con peto no anverso. O peto de ánimas ten un labrado tosco amosando a Cristo crucificado e dúas figuras, unha orante, aos seus pes. O peto tamén ten un oco para a caixa das esmolas.

No varal aparecen catro figuras que poderían ser San Bieito e San Ero, na fronte, unha figura descoñecida na esquerda e outra con hábitos de monxe na dereita.

O varal está inclinado cara adiante e á dereita.

O capitel presenta maior detalle e feitura técnica. Nel aparecen cabezas de anxo enmarcadas nunha coroa de loureiro, un en cada cara excepto no reverso no que vemos un ostensorio. Nas esquinas do mesmo están decoradas con plumas.

A cruz ten brazos achafranados con remate en sección cadrada. Amosa, no anverso, un Cristo exento e, no reverso, unha Virxe con neno Xesús sobre tres cabezas de anxos, coroada por anxos cuxos corpos van paralelos aos brazos da cruz.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A perda de sustentación pola construción da estrada está a por en grave perigo a estabilidade do cruceiro. Crece maleza sobre a base parcialmente soterrada polo lado do camiño e faltanlle pedras. O varal está xa moi inclinado e as choivas están a escorregar o terreo por debaixo da base cara a estrada.
Esta fermosa peza ameaza con caer dun momento a outro.


Onde está localizado

Latitude: 42.47320481132011
Lonxitude: -8.74936580657959
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84