
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Meaño
Parroquia: Covas (Santa Cristina)
Lugar: Igrexa
Outra denominación do ben: Castro de Cobas, mirador de San Cibrán
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Antigo castro situado no cumio dun outeiro hoxe convertido na área de recreo e mirador de San Cibrán. É un castro de forma ovalada un tanto irregular cuns 125 metros de longo no seu eixo leste-oeste e uns 90 metros de norte a sur.
No cumio cada ao leste, atopamos a croa case redonda de 25 metros no eixo leste-oeste e 20 metros de norte a sur. No centro da croa atopamos un cruceiro de deseño actual.
Nun nivel inferior hai unha plataforma de 460 m². Nunha laxe que se atopa na pendente ao oeste da plataforma atopamos un relevo coa figura de San Cibrán.
O conxunto está rodeado por unha terraza de paso duns 5 metros de ancho, hoxe ocupado por unha estrada de acceso.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: ForestalInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta: GA36027006
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
P.X.O.M. 28/12/199 Concello de Meaño. Fichas elementos Arqueolóxicos.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MEANO/documents/0819CA004.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.478292995631946Lonxitude: -8.768398761749268
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84