Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Meaño
Parroquia: Covas (Santa Cristina)
Lugar: Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de 3,5 metros de altura aproximadamente, e de deseño novidoso.

A base aproveita a elevación do terreo sobre o que se chantaron tres bloques de pedra a modo de chanzos, que rematan nunha plataforma circular sobre a que se ergue o pedestal de planta circular feita con cachote. Dende a parte posterior e inferior sobresaen catorce pedras redondeadas a modo de chanzos facendo unha escaleira de caracol ata preto do remate do varal.

O Varal está tallado ao xeito dun penedo, alongado en altura, de corte circular e formas redondeadas. A superficie alisada e punteada. No seu cumio presenta un oco sobre o que se inserta o eixo da cruz cunha cinta horizontal de chumbo enlazando as dúas pezas. No reverso, atopamos un epigrafe:

1994. PAZOS

A cruz feita en dúas pezas de corte circular e extremos redondeados ao xeito do varal. Están tamén enlazadas por unha soa cinta transversal de chumbo.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FERNANDÉZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao “Cruces, Cruceiros e Petos do Concello de Meis”. Editorial AGCE, S.L. Mos 2010. ISBN: 978-84-87904-89-9. Páx. 31-32.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4785066428
Lonxitude: -8.76816272736
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84