Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ordes (comarca) / Trazo
Parroquia: Vilouchada (San Vicenzo)
Lugar: Vilouchada (A Igrexa)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro atópase nun outeiro de pendentes suaves e a pouca distancia da igrexa parroquial de San Vicenzo de Vilouchada. Ten unha croa ovalada cun diámetro maior de 131 m. e o menor de 100 m. cun muro de trazado en ángulo, polo lado nordés, e que parece separar un antecastro duns 70 metros, co cal a lonxitude total chagaría aos 200 m. Este muro apréciase de maneira considerable no mapa de pendentes do ano 2009. A entrada estaría polo lado onde está o antecastro. Ao situarse nun lugar dedicado a pasto, as súas defensas son visibles dende lonxe e é moi fácil atopar a súa situación cerca da estrada que vai de Viaño a Chaián, á altura de Vilouchada. Este castro aparece nalgunha documentación como castro de Brión, en cuxas ladeiras había unha antiga vila chamada Lentrove que parece que se queimou nun incendio alá polo século IX, e chegou a chamarse Vila Ustulata, (vila queimada) que deu lugar ao nome Vilouchada.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TRAZO/documents/0383CA006.pdf
(pax. 3 de 18)
Plano de pendentes http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0801.pdf
http://www.mancomunidadeordes.org/turismo/trazo-7698/arquitectura-relixiosa-1898/mosteiro-de-san-vicente-de-vilon-8719.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9929025341Lonxitude: -8.52624893188
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Xuñ 2, 2013
Plano de pendentes Lidar 2009 do castro de Vilouchada. http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0801.pdf