Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións políticas (concellos...),
Concello: Noia / Noia (comarca)
Parroquia: San Martiño de Noia
Lugar: Noia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificio levantado sobre terreos do convento de San Francisco despois da desamortización de Mendizabal. A actual configuración procede da reforma dos anos 1940 e 50. Ten planta en forma de L e vai con tellado a dúas augas. Paredes de cachotaría e cadeirado de granito no pórtico de entrada. Integra como patio interior o antigo claustro do convento de San Francisco. As obras comezaron en 1933 e ofrece a versión neogótica do eclecticismo historicista, incluso engadindo un almeado para lembrar mellor a arquitectura medieval. Foron engadidos na súa estrutura varios arcos oxivais procedentes de distintas edificacións derrubadas, como o que estaba no Hospital do Espíritu Santo de Afora, hoxe na entrada da sala de plenos. O corpo da fachada amosa un pórtico gorecendo a porta principal rematado en almeas e co escudo no medio das dúas ventás. Este escudo recorda a fundación mítica da vila por Noé, de aí que se vexa a arca e a pomba co ramallo de oliveira, e as cadeas crebadas que lembran a xesta da flota de Paio Gómez Charinho no 1248 en Sevilla contra os musulmáns. Na segunda planta os vans das ventás dispóñense de maneira simétrica na primeira e segunda planta e están rematadas as da última en arco. Un amplo balcón corrido ao longo do corpo esquerdo do edificio axuda a equilibrar o conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NOIA/documents/1610CA008.pdf (ficha 40)
Web dos achado no claustro
xornalcerto.wordpress.com/2013/05/16/noia-os-restos-atopados-nas-obras-do-claustro-do-concello-vanse-musealizar/
http://xornalcerto.files.wordpress.com/2013/05/noia-claustro-alzados.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.78513238621819
Lonxitude: -8.887746334075928
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84