Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Mourente (Santa María)
Lugar: Rúa Santa Margarida 10
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Ermida de planta rectangular con testeiro lixeiramente máis estreito. Este último é de orixe románica e nel destacan os canzorros decorados con cabezas de animais. A nave principal é moi posterior. Na fachada presenta unha porta con arco de medio punto, baixo un pequeno van circular. A fachada remata nunha espadana cun so van.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Disque hai anos, un home foi atacado por unha serpe, por mor diso pediu axuda a Santa Margarida polo que logrou pórse a salvo. En agradecemento mandou construír no mesmo lugar unha ermida na honra de Santa Margarida.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Catalogada no listado de edificios a protexer do PXOU de Pontevedra.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/0878CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.43756584248041
Lonxitude: -8.626330196857452
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84